fbpx

VINDEIROS CONCERTOS

Date City Venue
24/10/19 Pontevedra Usa A Lingua
Address: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Máis información
01/11/19 Chantada Castañazo Rock
Address: Avenida dos Pilos, 9D. Entradas Máis información
15/11/19 Madrid Sala Caracol (con Auxili)
Address: Rúa Bernardino Obregón, 18. Entradas Máis información

A BANDA

Ezetaerre somos un grupo de rap combativo e en galego formado polo Garchu (A Coruña), o Pirola (Ourense) e o Petrowski (O Porriño). A nosa andaina comezou en 2016 na Coruña, onde compartimos estudos, loitas e experiencias no movemento estudantil.

Despois da publicación do longo Aspiracións mínimas e urxentes, o maxi 100 e varios singles (A herdanza do vento, Non é verán de Estrella Damm e Esmorga Inferno), agora presentamos Pólvora e tormenta: un traballo no que establecemos un paralelismo entre a actualidade e os Estados Unidos dos anos 30, asolados pola crise e polo Dust Bowl. Nel tamén facemos unha homenaxe á voz dos cantautores antifascistas, que transmitiron a rabia e a loita dun pobo sumido na fame e na miseria.

Novas letras, novos ritmos e novas ideas, sempre sen esquecer esas tres palabras que nos acompañan dende o comezo: dignidade, solidariedade e humildade.