Non é verán de Estrella Damm, é o verán da Working Class!

Pois sí, xa empezou na televisión o bombardeo veraniego. Un ano máis, todo cheo de basura vendendo un verán idílico que dista moito da realidade que vivimos as mozas desposuídas. Odiamos fondamente a Estrella Damm e os seus malditos anuncios: non somos as que bebemos unha birra nunha paradisíaca cala de Formentera, somos as que a servimos por un puñado de euros á hora. Schweppes, odiamos a túa tónica perfecta e somos felices compartindo unha litrona barata. Bebidas e refrescos varios anunciados ó borde dunha piscina, sabede que nós somos as que curran por dous duros de socorristas nesa piscina.

A través dunha campaña transmedia queremos reivindicar a situación da mocidade e deixarlles moi claro que isto non é o verán de Estrella Damm, é o verán da Working Class!

Este proxecto forma parte do Traballo de Fin de Grao de Alicia Alonso.